A CORUÑA 11 May. (EUROPA PRESS) -
A gaiteira Susana Seivane e o grupo coruñés 'La Leche' ofrecerán o vindeiro martes, día 16, na sede da Fundación Luis Seoane, unha actuación como parte dos actos previstos polo Concello da Coruña para conmemorar o Día das Letras Galegas.
Ambas actuacións teñen o denominador común de reelaborar a música e a tradición na composición galega, aínda que con enfoques e posta en escea diferentes.
A actuación de Susana Seivane terá lugar a partir das 20.30 horas e a do grupo coruñés 'La Leche' a partir das 22.30 no patio da Fundación Luis Seone.