Letras Galegas.- Tello (BNG) cualifica de "lavado de cara" o acto institucional do Concello da Coruña

Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 16 mayo 2006 19:21

A CORUÑA 16 May. (EUROPA PRESS) -

O voceiro do grupo municipal do BNG no Concello da Coruña, Henrique Tello, considerou hoxe un "lavado de cara" o acto institucional que celebra esta tarde o Goberno local coruñés na sede da Fundación Luis Seoane para conmemorar o Día das Letras Galegas.

En rolda de prensa, criticou que a recepción institucional se celebre na Fundación Luis Seoane e non no salón de plenos do Concello da Coruña e atribuiu esta decisión ao "dobre xogo" que, na súa opinión, mantén o Goberno local coruñés respecto ao galego.

"Os actos institucionais convocanse no salón de plenos do Concello", incidiu Tello, quen se preguntou se neste caso non se fai así por tratarse dun "acto rarito", indicou polo feito de que neste caso se conmemore o Día das Letras Galegas. Ademais, sinalou que a decisión de celebrar o acto na Fundación Luis Seoane supón "non darlle a suficiente relevancia".

Por outra banda, cualificou de "hipócrita" a actitude do alcalde da Coruña, Javier Losada, respecto ao galego e reiterou as súas denuncias sobre o incumprimento da Lei de Normalización Lingüística no uso do topónimo. Tamén denunciou que os concelleiros do BNG siguen a espera de que se lles facilite un carné que os acredita como tal co topónimo oficial da cidade.

Ademais, Tello considerou "triste e doloroso" que figuras como Manuel Lugrís Freire, ao que se adica este ano o Día das Letras Galegas, non teña todavía unha rúa na cidade e criticou que en monumentos como o de Castelao figure o topónimo en castelán.

Contenido patrocinado