SANTIAGO DE COMPOSTELA 5 Ene. (EUROPA PRESS) -
A Mesa pola Normalización Lingüística criticou hoxe ao Ministerio de Sanidade por non dispoñer de rótulos informativos en galego para alertar sobre a Ley Antitabaco e reclamou á Consellería de Sanidade que axilice a confección dun modelo propio para distribuir entre os establecimientos galegos.
Nun comunicado, a Mesa denunciou que o ministerio está "dificultando" o cumprimento "correcto" da lei en Galicia xa que na súa páxina web non hai información en Galego e a única que se pode consultar é o logo da campaña.
Por iso, anunciou que na súa páxina web -www.amesanl.org- xa se poden baixar os rótulos en galego. Nembargantes, precisou que xa se puxo en contacto con Sanidade para que "axilice" a aprobación dunha lei autonómica cuns modelos de rótoulos "propios".