Losada destaca que fai falla unha "acción decidida" da Xunta para que o galego "ocupe o lugar que necesita"

Actualizado: viernes, 12 mayo 2006 20:17

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 12 May. (EUROPA PRESS) -

O secretario xeral de Relacións Institucionais e da Vicepresidencia, Antón Losada, suliñou hoxe que fai falla unha "acción decidida" por parte da Xunta de Galicia para que o galego "ocupe o lugar que necesita" e sexa unha "lingua viva" e a "lingua de todos os galegos".

Durante a inauguración da xornada 'O estatus da lingua no Novo Estatuto', Losada sinalou que a situación da lingua galega non é de "normalidade". Por iso, apostou por un estatuto de normalidade lingüística para o galego porque "ten que ser preferente en todos os ámbitos da vida aínda que teña paado por moitas situacións inóspitas", indicou.

Neste senso, amosouse convencido de que non hai linguas "mortas", senon "linguas asasinadas" xa que "ningún pobo renuncia a falar unha lingua a non ser que sexan obligados". "Esta non é a situación do galego, pero tampouco podemos falar de normalidade", engadiu.

Pola súa banda, a profesora da facultade de Dereito, Alba Nogueira, reclamou tamén unha mellora sustancial no estatus legal do galego para acadar unha situación de normalidade "total" na vida pública.