Luar na Lubre presenta hoxe o seu último disco como homenaxe á emigración e ó exilio galego en Latinoamérica

Europa Press Galicia
Actualizado: viernes, 21 julio 2006 11:10

SANTIAGO DE COMPOSTELA 21 Jul. (EUROPA PRESS) -

As Festas do Apóstolo acollen hoxe o "Compostela Festival" no que participarán o grupo coruñés Luar na Lubre e o grupo Bumba, con compoñentes de Mozambique e Galicia. A cita terá lugar ás dez da noite na Praza da Quintana e servirá para presentar o ultimo disco do grupo folk galego como homenaxe á emigración e ó exilio galego en Latinoamérica.

Nun comunicado, un dos seus compoñentes, Bieito Romero destacou que sempre é "moi importante" tocar en Galicia xa que como músicos, "é a súa razón de ser". "Probablemente somos o grupo galego que máis toca en España pero facer concertos en Galicia é unha ledicia, gústanos amosar a nosa música", indicou.

O repertorio que ofrecerán hoxe é un percorrido polos temas máis coñecidos do grupo, ademais da presentación do seu último traballo, "Saudade". Este disco está adicado á emigración e ao exilio galego en Latinoamérica. Desde que comezaron as súas viaxes por América, no ano 2001, foron recollendo material para este traballo ao que califican como "un traballo de investigación da música e da literatura dos galegos que marcharon a América e que deixaron un legado moi sorprendente e descoñecido en Galicia".

Contenido patrocinado