Máis de 70 nenos participan dende hoxe no I Campamento Musical de Verán de Ribadeo (Lugo)

Europa Press Galicia
Actualizado: sábado, 8 julio 2006 16:48

SANTIAGO DE COMPOSTELA 8 Jul. (EUROPA PRESS) -

Máis de 70 nenos de entre oito e 17 anos iniciarán hoxe no Forte de San Damián, en Ribadeo (Lugo), a súa participación no I Campamento Musical de Verán organizado neste municipio e no que se desenvolverán tanto actividades vencelladas á música como ao lecer.

Así, ao longo da semana os rapaces participarán polas mañás en actividades musicais, para o que contarán cun plantel de profesionais especializados no ensino de música a nivel infantil e xuvenil, mentres que polas tardes adicarán o tempo a actividades típicas dos campamentos, tales como deportes náuticos ou visitas a lugares emblemáticos da vila.

No caso das actividades musicais, os nenos recibirán clases individuais e colectivas e o vindeiro domingo 16 serán os protagonistas dun concerto de clausura do campamento que terá lugar a partir das 20.30 horas na Praza da Música de Ribadeo.

Contenido patrocinado