SANTIAGO DE COMPOSTELA 10 Feb. (EUROPA PRESS) -
A Mesa pola Normalización Linguística entregou hoxe na Xunta o libro 'Estatuto Xurídico da Lingua Galega', que xa fora presentado hai uns meses, para que a secretaria xeral de Política Linguística, Marisol López, "se informe antes de falar" xa que a "ingnorancia e unha doenza que se cura lento".
Así, o presidente da Mesa, Carlos Callón, explicou que deste xeito "se garante" que o libro chegue á secretaria xeral. O colectivo en defensa da lingua actuou así en resposta ás declaracións de Marisol López sobre que o marco legal "non permitía" que nas probas de oposión á Administración pública houbese un test en galego.
Ademais de ofrecer información sobre o estatuto xurídico do galego, o presidente da Mesa constatou que estas declaracións supoñen "unha contradición" coas feitas polo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e polo conselleiro de Presidencia, Xosé Luis Méndez Romeu.
Callón denunciou que a secretaria xeral de Política Lingüística non ten "o mínimo interese por que o galego avance", nin "a minima capacidade de decisión". Tambén aludiou a que "os grupos de presión" dentro do PSOE e que son "contrarios á normalización da lingua galega teñen máis poder ca ela".
Asemade, o presidente pola Mesa salientou que a xestión da secretaria de Política Linguística "non favoreceu a necesidade de que o funcionariado sexa capaz de comprender o galego" e que a citada proba tipo test "garantía esta circunstacia".
"MOVEMENTO DE FICHA"
Callón recordou que hoxe o PSOE "moveu unha ficha" do elemento "máis negativo da historia recente da lingua galega", o alcalde de A Coruña, Francisco Vázquez, quen, segundo recordou, "ten sentencias firmes dos tribunais polos usos linguísticos no concello, por non empregar o galego como "lingua cooficial" na Administración local, nin o toponimo oficial da cidade.
Segundo Callón, no caso en que non se produzan cambios no concello de A Coruña despois da saída do alcalde, a Mesa seguirá coas contendas xudiciais iniciadas, xa que recordou, que Vázquez estará "sometido ao código civil e penal e non ao canónico".
Deste xeito, a Mesa pola Normalización Linguística propón ao Goberno galego e ao Partido Popular que se "abra unha nova etapa de consenso" para a lingua e que se recupere consenso que aprobou unanimidade que asinou o Plan Xeral de Normalización Linguística en 2004.