O mestre Terwilliger, da Filharmónica de Munich, conclúe hoxe o curso de Trompa que impartiu en Santiago

Europa Press Galicia
Actualizado: sábado, 20 mayo 2006 14:24

SANTIAGO DE COMPOSTELA 20 May. (EUROPA PRESS) -

Un total de 12 alumnos da Escola de Altos Estudos de Musicais (EAEM) en Santiago de Compostela conclúen hoxe o curso de Trompa que recibiron esta semana a cargo do mestre e solista da Filharmónica de Múnic, Eric Terwilliger.

O profesor, de nacionalidad estadounidense, impartiu un total de seis xornadas lectivas en horario de mañá e tarde, nas que abordou distintos aspectos teóricos sobre a trompa e traballou na técnica interpretativa e no estudo de obras para o devandito instrumento.

Terwilliger graduouse en interpretación en 1975 e estudou con Michael Hotzek na NWD Musikhochschule de Detmold (Alemña) e na Mozarteum de Salzburg (Austria). No seu curriculum conta coa medalla de prata do Concurso Internacional de Xenebra (Suíza) e co primeiro premio do II Concurso de Trompa de Liexa (Bélxica)

Estes cursos constitúen nunha inciativa desenvolta pola Consellerería de Cultura e Deporte, a través do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicacis (Igaem) e enmárcase no traballo de formación permanente deste centro.

Contenido patrocinado