A nova vicerreitora da Universidade de A Coruña manifesta a súa vontade de continuar cos proxectos xa en marcha

Actualizado: lunes, 17 julio 2006 19:53

A CORUÑA, 17 Jul. (EUROPA PRESS) -

Ana Dorotea Tarrío Tobar tomou posesión hoxe do cargo como vicerreitora da Universidade de A coruña sustituindo no posto a Pilar Uriz Tomé, que deixou o posto por motivos personais, e manifestou a súa vontade de continuar cos proxectos que tiña en marcha a súa predecesora.

No acto oficial, o reitor coruñés, José María Barja, tivo palabras de agradecemento para o labor da vicerreitora saínte, subliñando a súa entrega no servizo á universidade. "Todo o equipo de goberno agradecemos o espíritu, bo humor e ganas de traballar que sempre tivo", declarou e engadiu que "o servizo de vicerreitor é un traballo duro e que leva o seu tempo".

O rector lembrou que aínda que a primeira prioridade dun profesor universitario é a docencia e a investigación, o labor de goberno forma parte das tarefas do servizo á comunidade universitaria. Barja simbolizou o bo facer de Pilar Uriz entregándolle a insignia da universidade e mostrou a súa confianza no labor que ao frente desta vicerreitoría efectuará Ana Tarrío.

Tarrío Tobar é doutora en Matemáticas pola Universidade de Santiago e catedrática de Escola Universitaria da área de Matemática Aplicada. Imparte docencia de Álxebra lineal na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica desde 1986, simultaneando aulas nalgúns momentos na Escola Técnica Superior de Arquitectura, na Facultade de Ciencias e na Escola Técnica Superior de Camiños, Canais e Portos.

Como investigadora, os seus estudos céntranse dentro do campo da xeometría diferencial, adicándose á análise de cuestións teóricas da xeometría de Riemann e a aplicacións de xeometría integral na área de estereoloxía, importante en Medicina e Bioloxía. Colabora, ademais, co Grupo de Acústica da UDC.