O Partido Galeguista pide a Casa Real unha versión en galego da súa páxina Web

Actualizado: jueves, 5 enero 2006 17:58

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 5 Ene. (EUROPA PRESS) -

O presidente do Partido Galeguista, Xabier González, remitiulle unha carta a Súa Maxestade El Rei, Xoan Carlos I, para reclamar que a páxina Web da Casa Real teña unha versión en galego.

Nesta misiva, González lembra que a Web da Casa Real si ten versión en inglés. "Entendo perfectamente a practicidade internacional e a universalidade da língua inglesa, aínda que, como falante dun idioma que, por ser a lingua propia da nacionalidade histórica de Galicia conta co recoñecemento universal", engade.

Dese xeito, pon a disposición da Casa Real os traductores e wbmaster que precise para que a aús páxina Web teña a correspondente versión en galego.