Pastor, sobre os imputados de Adif: "Imos seguir colaborando co xuíz"

Ministra de Fomento, Ana Pastor
EUROPA PRESS
Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 17 diciembre 2013 21:02

SANTIAGO/MADRID 10 Sep. (EUROPA PRESS) -

A ministra de Fomento, Ana Pastor, defendeu que o Goberno está a traballar dende o primeiro momento en colaboración co xuíz que instrúe a causa sobre o accidente ferroviario en Santiago, e asegurou, ante a imputación de cinco responsables de Adif, que as vítimas teñen que saber as causas do sinistro.

"As vítimas son e ten que seguir sendo a nosa prioridade. Téñense que saber as causas do accidente. Imos seguir colaborando para que o xuíz poida traballar", explicou aos xornalista nos corredores do Senado.

O xuíz Luis Aláez, que instrúe a causa sobre o accidente ferroviario no que o pasado 24 de xullo faleceron 79 persoas e resultaron feridos máis dun centenar de pasaxeiros, chamou a declarar en calidade de imputados a cinco responsables do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), ente ao que, ademais, solicita que facilite as identidades de determinados cargos dende decembro de 2011, cando entrou en servizo a liña ferroviaria, para proceder tamén á súa imputación.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado