Pechan unha escola infantil de Cambre (A Coruña) logo de detectarse un caso de covid-19

Un neno xoga nunha escola infantil
Un neno xoga nunha escola infantil - XUNTA - Archivo
Publicado: viernes, 27 noviembre 2020 14:39

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 Nov. (EUROPA PRESS) -

   A Consellería de Educación decretou o peche da escola infantil La Barcala do municipio coruñés de Cambre após detectarse un caso de coronavirus.

   Trátase do segundo centro educativo clausurado pola pandemia desde o inicio de curso. Deste xeito, a E.I. La Barcala súmase á tamén escola infantil A Xirandola de Santiago, cuxo peche foi decretado o pasado venres e mantense sete días despois.

   Así figura no balance de casos de covid-19 nas aulas galegas remitido este venres pola Consellería de Educación, que contabiliza, con datos acutalizados até o xoves, un total de 1.106 positivos nos centros educativos con 51 aulas pechadas e dous centros clausurados.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Leer más acerca de: