A persoa que dirixirá o CDG será de orixe galega e ligada ao mundo do teatro contemporáneo

Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 14 marzo 2006 19:23

SANTIAGO DE COMPOSTELA 14 Mar. (EUROPA PRESS) -

A persoa que dirixirá o Centro Dramático Galego (CDG), no posto que abandonou a semana pasada Ánxeles Cuña, será de orixe galega e ligada ao mundo do teatro contemporáneo. A Consellería de Cultura traballa sobre varias posibilidades e coa única dúbida de se optar por un especialista na dirección teatral ou por un xestor cultural.

A proposta defendida por Cultura se leverá o venres á xuntanza do Consello Reitor do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (Igaem), unha vez que teñan concluidos os contactos cos cinco ou seis posibles candidatos e coa correspondente aceptación do posto polo elexido.

Fontes da consellería de Cultura indicaron a Europa Press que "non haberá rotura" respecto a liña "renovadora e arriscada" que representou Ánxeles Cuña, ainda que a persoa que a sustitúa terá liberdade para desenvolver a súa actividade. Así, está previsto que, como no caso de Cuña, o novo cargo ao frente da compañía pública galega esté vinculado ao "teatro renovador e contemporáneo".

Tamén está confirmado que será alguén "de valía demostrada", xa sexa en Galicia ou fóra. Cultura estudia varios perfís e, como xa pasou no caso do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) coa elección de Manuel Olveira, a elección para o CDG podería concretarse en alguén que teña traballado fóra e esté interesado en voltar á Galicia.

Os traballos para escoñer o perfil máis axeitado para a dirección do CDG "non parten de cero", xa que no proceso a Consellería de Cultura xa ten en conta os perfís estudiados con anterioridade e, polo tanto, xa pode haber contactos concretos para pechar o nomeamento antes do venres, data na que se hará oficial.

As principais dúbidas para optar por un ou outro candidato pasan, segundo indicaron as fontes consultadas, por tomar a decisión de encargarlle a responsabilidade do CDG a unha persoa con experiencia na dirección teatral ou cun perfil de especialista na xestión cultural. No segundo caso, a compañía teatral traballaría baixo directores convidados.

Contenido patrocinado