SANTIAGO DE COMPOSTELA 23 Mar. (EUROPA PRESS) -
O prazo para a presentación de candidaturas ao proceso para a elección de reitor da Universidade de Santiago (USC) extenderase dende mañá venres ata o vindeiro día 3 de abril.
Rematado este período, o día 6 de abril procederase á proclamación provisoria de candidatos e os días 7, 18 e 19 de abril poderanse presentar recursos contra esta proclamación provisional ante a Comisión Electoral Central, segundo informou hoxe a USC.
Posteriormente, o 24 de abril farase pública a proclamación definitiva de candidaturas e o sorteo de membros das mesas electorais.
Así, a campaña electoral iniciarase o día 25 de abril e rematará o 8 de maio. O voto anticipado poderá exercerse os días 4, 5 e 8 do mesmo mes. O proceso rematará coa celebración das votacións para a elección de reitor da Universidade de Santiago o día 10 de maio.