O prazo de presentación de orixinais do premio de poesía 'González Garcés' remata hoxe

Actualizado: sábado, 15 abril 2006 12:11

A CORUÑA, 15 Abr. (EUROPA PRESS) -

O prazo de presentación de orixinais para a XIII edición do Premio de Poesía 'Miguel González Garcés', convocado pola Deputación de A Coruña, remata hoxe, segundo informou a institución provincial.

O premio está dotado con 6.500 euros e o organismo presidido por Salvador Fernández Moreda encargarase da publicación da obra seleccionada. Optarán ao premio aqueles autores de calquera nacionalidade que presenten obras inéditas e que non teñan sido premiadas con anterioridade e deberán estar escritas en lingua galega.

As obras, de tema libre, deberán ter unha extensión de máis de 300 versos e presentaranse por quintuplicado, en exemplares separados. O tamaño será Din A4, por unha soa cara, e as copias deberán ir numeradas, grampadas ou encadernadas, baixo un título e un lema.