O programa 'Curtocircuito na Rúa' proxecta hoxe en Santiago as mellores curtas de ficción española

Actualizado: jueves, 31 agosto 2006 11:49

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 31 Ago. (EUROPA PRESS) -

O programa 'Curtocircuito na Rúa' proxectará hoxe, ás 22.00 horas, no Parque de San Domingos de Bonaval en Santiago de Compostela as mellores curtametraxes españolas de ficción acompañadas da música do dj Blue Mouse.

Entre os filmes que se proxectarán esta noite a través desta iniciativa da que xa disfrutaron máis de 3.000 persoas, destaca 'Mi tío Paco', de Tacho González, que recrea a vida dun galán nos anos 70. Ademáis, os asistentes poderán ver de 'Provervio Chino', unha curtametraxe de Javier San Román ambientada no país oriental.

Outras das proxeccións destacadas serán 'En el bosque', de Maja Djokic; 'Sintonía', de José Mari Goenaga; 'AB+', de Paz Jiménez; 'Casa', de Manuel Sánchez y 'DVD', de Ciro Altabás.