O programa 'Curtocircuito na Rúa' proxecta mañá en Santiago as mellores curtas de ficción española

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 30 agosto 2006 15:03

SANTIAGO DE COMPOSTELA 30 Ago. (EUROPA PRESS) -

O programa 'Curtocircuito na Rúa' proxectará mañá ás 22.00 horas no Parque de San Domingos de Bonaval en Santiago de Compostela as mellores curtametraxes españolas de ficción acompañadas da música do dj Blue Mouse.

Entre os filmes que se proxectarán mañá a través desta iniciativa da que xa disfrutaron máis de 3.000 persoas, destaca 'Mi tío Paco', de Tacho González, que recrea a vida dun galán nos anos 70. Ademáis, os asistentes poderán ver de 'Provervio Chino', unha curtametraxe de Javier San Román ambientada no país oriental.

Outras das proxeccións destacadas serán 'En el bosque', de Maja Djokic; 'Sintonía', de José Mari Goenaga; 'AB+', de Paz Jiménez; 'Casa', de Manuel Sánchez y 'DVD', de Ciro Altabás.

Contenido patrocinado