O programa do centenario de Ribeira celebrarase coa representación da ópera de Mozart 'Bastián e Bastiana' en galego

Actualizado: domingo, 9 abril 2006 15:59

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 9 Abr. (EUROPA PRESS) -

O programa dos actos do centenario de Ribeira coma cidade incluirá o vindeiro mes de xuño unha posta en escena inédita da ópera de Mozart 'Bastián e Bastiana', que por primeira vez será representada en lingua galega.

O Conservatorio de Música de Riveira prepara o seu fin de curso con esta actuación, na que están implicadas unhas 50 persoas, entre a orquesta de cámara, composta por profesores e alumnos, una trintena de cantantes que forman o coro, dous tenores e unha soprano nas personaxes principais.

A iniciativa coincide ademais co 250 aniversario do nacemento de Mozart, que escribiu a obra escollida cando só tiña 12 anos e que está basada na comedia lírica 'O adiviño da aldea', de Jean Jaques Rousseau.

Polo carácter multidisciplinar dunha representación operística, o conservatorio conta coa colaboración da Concellaría de Cultura e Festexos e co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Riveira para adaptar a obra do alemán ao galego.