O PSOE lamenta o desmantelamento do servizo de normalización lingüística da Deputación de Lugo

Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 3 enero 2006 16:54

LUGO 3 Ene. (EUROPA PRESS) -

O voceiro provincial do PSOE, Manuel Martínez, lamentou hoxe o desmantelamento do Servizo de Normalización Lingüística da Deputación de Lugo, que funcionaba desde o ano 1994. A decisión conleva o despido dos traballadores deste servizo, catro administrativos tradutores e un responsable.

Martínez sinalou hoxe en rolda de prensa que os socialistas consideran que tense que manter este Servizo de Normalización Lingüística, e que no lles vale o argumento de que ainda no se teñan firmado coa Consellería de Educación o convenio baixo o que se amparaba, dado que nos anos anteriores se suscribía en primaveira.

O voceiro socialista chegou a reprochar ao presidente da Deputación de Lugo, Francisco Cacharro, que non se teña permitido o acceso a esta oficiña aos traballadores agora despedidos, ainda que revelou como a un deles, por vía decreto, se lle creou unha praza como administrativo na Deputación. Trátase do concelleiro do PP no Concello de Lugo Xavier Rodríguez Barrio.

Ante estes acontecementos, o político socialista cre que coa supresión deste servizo se ten buscado "dar un escarmento" a "persoas díscolas" coa filosofía do presidente da Deputación.

Contenido patrocinado