SANTIAGO DE COMPOSTELA 27 Ene. (EUROPA PRESS) -
A rede galega de teatros e auditorios ofrecerá durante o primeiro semestre de 2006 un total de 399 novas funcións escénicas e musicais nas que participarán 71 formacións artísticas de carácter profesional.
Este circuíto, que promove a Consellería de Cultura a través do Instituto Galego das Artes Escéncias e Musicais -IGAEM-, inicia o ano co 45 concellos e entidades asociadas e co obxectivo de remodelarse a través dos traballos da Comisión Técncia de Reforma, formada por administracións, salas de exhibición e colectivos artísticos do sector escénico-musical.
Nun comunicado, Cultura suliñou que neste primeiro semestre actuarán en Galicia 51 compañías teatrais que levarán a cabo 368 representacións. Tamén actuarán 13 grupos musicais que interpretarán 15 recitais, un grupo de danza e seis de maxia.