O responsable da programación do CGAI, Xaime Pena, asumirá a dirección deste centro

Actualizado: miércoles, 10 mayo 2006 16:42

A CORUÑA, 10 May. (EUROPA PRESS) -

Xaime Pena, responsable ata agora da programación do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) asumirá a dirección desta institución, segundo confirmou hoxe o secretario xeral de Comunicación da Xunta, Fernando Salgado, coincidindo coa presentación, na sede deste centro, das actividades programadas en torno ao arquivo visual de Julio Cortázar.

Fernando Salgado explicou, ao ser preguntado polo nomeamento do director trala elección fallida de Antonio Simón, que a confirmación de Xaime Pena no cargo e agora só "unha cuestión de tipo administrativo".

O secretario xeral de Comunicación da Xunta, que destacou a traxectoria profesional de Pena no CGAI, explicou que é un "traballador fixo" desta institución e reiterou que, antes da súa confirmación no cargo, haberá que resolver "problemas de índole administrativo".

Por outra banda, trasladou a "confianza" do Goberno galego no equipo do CGAI e o "recoñecemento" a labor do que durante 15 anos foi o seu director, José Luis Cabo. Salgado calificou este recoñecemento como "un acto de xustiza" e engadiu que "hai meses" que este expresou a súa vontade de deixar o cargo "para dedicarse ao ámbito privado", precisou.

Inicialmente a Xunta apostou por Antonio Simón para a súa sustitución, pero foi descartado tras coñecerse o expediente de subvención que o director e actor mantiña coa Consellería de Cultura desde 1999 e que estaba sen resolver tras consignarse una subvención de 70.000 euros para producir unha película que non se realizou.

Salgado asegurou hoxe, en relación coa polémica que suscitou esta cuestión, que existe "certa tendencia a veces a descalificar e enterrar rápidamente a empresarios que na súa actividade profesional unhas veces teñen éxito ou fracaso, sen que esto teña que ver coa legalidade ou ilegalidade e máis no sector audiovisual", engadiu.

Insistiu tamén en que a actuación do Goberno autonómico está presidido pola "transparencia" e sinalou que calquer nomeamento se fai tendo en conta "principios éticos y estéticos" y incidiu en que así se tuvo en cuenta en la decisión.