Ros Marbà dirixirá hoxe á Real Filharmonía e á soprano María Bayo nun concerto en Santiago

Actualizado: jueves, 6 abril 2006 11:32

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 6 Abr. (EUROPA PRESS) -

A Real Filharmonía de Galicia, auspiciada polo Consorcio de Santiago, e dirixida polo seu mestre titular, Antoni Ros Marbà, actuará hoxe na capital galega, xunto á soprano María Bayo.

O concerto, que principiará as 21.00 horas no Auditorio de Galicia, incluirá diversas pezas de Esplá, Toldrá Montsalvatge e Beethoven. Algunhas das cancións, tomadas de textos de Rafael Alberti, Néstro Luján, Nicolás Guillén, Pereda Valdés, Pablo de Jérica, Garcilaso de la Vega e Lope de Vega, serán interpretadas pola prestixiosa soprano María Bayo.

De Óscar Esplá se interpretarán as Canciones playeras 'Rutas', 'Pregón', 'Las 12', 'El pescador sin dinero' e 'Coplilla'; de Eduardo Toldrá, as pezas 'La zagala alegre', 'Nadie puede ser dichoso' e 'Madre, unos ojuelos vi'; de Xavier Montsalvatge, Cinco canciones negras, 'Cuba dentro de un piano', 'Punto de habanera', 'Chévere', 'Canción de cuna para dormir a un negrito' e 'Canto negro', pechando o concerto a 'Sinfonía nº 2 en Re maior, op. 36', de L. van Beethoven.