Rural.- Quintana afirma que o PPdeG "non ten ganas" de que se conteste "por que arde o monte e quen o prende"

Actualizado: sábado, 9 septiembre 2006 16:05

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 9 Sep. (EUROPA PRESS) -

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, considerou hoxe que a negativa do PPdeG a participar na comisión de estudio sobre os incendios forestais da Cámara autonómica porque "non ten ganas de que se conteste ás preguntas de por que arde o monte e quen o prende".

En declaracións aos medios durante a presentación en Santiago do xogo de rol 'Irmandiños: A Revolta', Quintana insistiu en que o órganismo parlamentario se sitúa a medio camiño entre unha comisión técnica e unha de investigación e que ten por obxecto responder esas dúas cuestións.

Nesa liña, recalcou que a comisión constituída o pasado luns "é máis ambiciosa", por canto aspira a investigar tanto as causas dos incendios producidos este ano, como a repercusión que tivo niso a situación do monte galego, para extraer "solucións de futuro".

Por iso, cualificou de "equivocación" que os populares se neguen a tomar parte nesta comisión e engadiu que "o PPdeG non pode seguir pensando que non perderon as eleccións e que son maioría" en Galicia". Ao respeto, asegurou que o Goberno autonómico "non está disposto" a que os populares "sigan pretendendo impoñer os seus criterios a base de votacións, como levaban habendo 16 anos".