A Sala Yago inicia o programa de Teatro para este trimestre con "Ondas" de Novedous Teatro

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 18 enero 2006 18:27

SANTIAGO DE COMPOSTELA 18 Ene. (EUROPA PRESS) -

A Sala Yago comeza mañá a programación teatral deste primeiro trimestre con "Ondas" de Novedous Teatro, que é o sexto espectáculo desta compañía galega que leva nove anos no mundo do teatro.

Nun comunicado, a Sala Yago sinalou que este texto, escrito e dirixido por Maxi Rodríguez, e interpretado por Jouse García, achéganos a historia dun mestre en paro que soña con adicarse ó teatro e chegar a ser un bo actor.

"Ó comezo é duro coller o tempo e o ritmo nun monólogo, pero unha vez que te metes no espectáculo é moi gratificante ver como reacciona a xente", comentou Jouse García, quen dixo estar moi contento coa resposta do público.

Con esta obra, ábrese así un trimestre cargado de teatro, no que visitaran a Sala Yago: La Novia de Madrid con "Eros", Dante Teatro de Madrid con "Sebastián" e "Voces contra la barbarie", Talía Teatro de Galicia con "Bicos con Lingua", Sala Cero de Sevilla con "Elena y el fenómeno Bórbely", Teatro do Adro de Galicia con "García", Santart Teatro de Galicia con "O2 - pegadas sen identificar dunha traxedia grega" ou Maca Producciones de Argentina con "Locos de Contento".

Contenido patrocinado