SANTIAGO DE COMPOSTELA 7 Mar. (EUROPA PRESS) -
O portavoz municipal e concelleiro de Turismo de Santiago, Francisco Candela, que a capital galega celebrarará o 'III Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto 2006' coa pretensión de converter o certame nun festival de referencia internacional europea.
O certame, con varias seccións, comezará o 17 de outubro coa proxección das curtametraxes seleccionadas e finalizará o día 21 coa mostra do filme gañador do Compostela Plató, que consiste na redacción dun guión e posterior rodaxe do que resulte premiado. Con anterioridade, o apartado 'Cortocircuito na rúa', estará presente nas prazas máis emblemáticas de Compostela todos os xoves dende o 20 de xullo ata o 28 de setembro para mostrar unha selección de curtos.
Antonio Múgico, responsable da Santiago de Compostela Film Comission, entidade organizadora do festival, explicou hoxe que entre as novidades para este ano, haberá una representación do mercado audiovisual, o que significa que se trasladarán a Santiago de Compostela distribuidoras de curtametraxes europeas e de todo o mundo coa intención de convertir a capital galega nun referente na distribución.
MICROMOOVIES
No referente a sección extraoficial, haberá novidades na sección 'Anacos' coa incorporación dun 'espazo novo de micromoovis' que contará co Camiño de Santiago como temática central, que terán que desenvolver nun tempo inferior a 30 segundos dun xeito 'dinámico'.
Asemade, incorpórase o documental á sección oficial e celebraranse dous obradoiros novos. O primeiro deles, 'Actúa', enfocare a formar un target infantil no mundo da interpretación; por outro lado,'Punto de Xiro' constiuirá un obradoiro de guión, no que profesionais do mundo audovisual estatal darán unhas charlas sobre a confección dun guión.
Entre outras entidades colaboradoras, se topan a Fundación Caixa Galicia e a Diputación de A Coruña, que respaldaron o proxecto e felicitaron tanto ao concello como ás entidades organizadoras do proxecto pola potenciación deste campo e o apoio aos novos talentos.