SANTIAGO DE COMPOSTELA 12 Ene. (EUROPA PRESS) -
O Seminario Galego de Educación para a Paz ven de abrir o prazo de inscrición para o curso de formación do profesorado 'Cine para convivir', organizado co Consorcio Audiovisual de Galicia, de 30 horas de duración, e dirixido a profesorado en activo interesado en utilizar o cine como obxecto de coñecemento e coma recurso didáctico nas aulas, particularmente, na educación para a convivencia e na solución pacífica de conflitos.
O curso terá lugar os luns e os mércores do mes de febreiro, de 18.00 a 21.00 horas, na na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e a matrícula será gratuíta. Tan só existen 50 prazas que serán outorgadas por rigorosa orde de matrícula.
Impartido polo presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz e autor do libro 'Cine para convivir', Manuel Dios Diz; polo crítico de televisión e profesor de comunicación audiovisual na Universidade de Vigo Miguel Anxo Fernández, que é tamén coordinador do programa 'O audiovisual nas aulas'; e polo reporteiro gráfico da TVG, especialista en xogos e ilusións ópticas Fran Piñeiro.