A CORUÑA 13 Jul. (EUROPA PRESS) -
Sete concellos da provincia da Coruña --Cerdido, Narón, Boimorto, Cambre, Ames, Boqueixón e Carballo-- acollerán mañá a inauguración de sete novas edicións de diversos cursos do programa Proximitas Plus, financiados polo Fondo Social Europeo e coordinados pola Deputación da Coruña.
Nos actos de inauguración dos cursos participarán os deputados provinciais Socorro Cea, Germán Diz, Pablo Villamar, Celestino Poza e José Luis Armada, ademáis de alcaldes e concelleiros das localidades citadas.
O proxecto Proximitas Plus, Proxecto de Implimentación de Itinerarios de Acompañamento Sociolaboral, ofrecerá aos 110 alumnos e alumnas de 50 concellos da provincia que participarán nos cursos, todos eles desempregados na actualidade, unha completa e sólida formación teórica, con titorías individualizadas, practicas laborais e servizo de asesoramento ó longo de todo o proceso.
O obxectivo do proxecto é lograr a inserción laboral dos participantes. Os cursos que se inicarán mañá están relacionados coas enerxías renovables e o desenvolvemento sostible.