O Sindicato de Xornalistas de Galicia denuncia a precariedade laboral e a desaparición de emprego nas televisións locais

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 12 julio 2006 21:03

SANTIAGO DE COMPOSTELA 12 Jul. (EUROPA PRESS) -

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) amosou hoxe a súa solidaridade e compromiso cos traballadores das televisións locais que poden perder o seu emprego tras a exclusión das empresas nas que traballan da recente adxudicación das Televisións Dixitais Terrestres (TDT) locais, no caso de confirmarse o peche destas entidades en 2008.

A agrupación de xornalistas "non permitirá" que o lanzamento destes novos medios dixitais se realice a costa de aumentar as "xa pésimas" condicións laborais dos traballadores do sector da comunicación. O SXG manifestou a súa intención de "vixiar de preto" que as novas canles cumpran o seu compromiso de creación de emprego.

Esta entidade xa denunciara en dúas ocasións o perigo de aumento da precariedade laboral que constituiría a implantación da televisión dixital. Xa en maio de 2005, o sindicato de xornalistas pedirá ó PPdeG que aumentase as esixencias de creación de postos de traballo nas novas emisoras, que só aportaba á adxudicación de canles 15 puntos dun total de 450 posibles.

Asimesmo, entenden esta expansión dixital como unha oportunidade para crear emprego e mellorar as condicións nun sector, o das televisións locais, cun alto índice de precariedade laboral. Por iso, ademais do labor de control e vixilancia, o SXG denunciará aquelas operadoras de TDT que non cumpran os compromisos laborais presentes nas súas propostas.

A independencia dos medios, unha das promesas electorais do bipartito galego, é outro dos puntos nos que incide a entidade sindical para o que, como sinalan, "é imprescindible" unha mínima estabilidade laboral entre os traballadores.

Contenido patrocinado