A situación do multimedia en Galicia centra unha mesa redonda retransmitida a través de internet e de videoconferencia

Actualizado: miércoles, 7 junio 2006 21:07

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 7 Jun. (EUROPA PRESS) -

A Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual organizou hoxe unha mesa redonda sobre "A Empresa Multimedia" no marco do Programa de Formación 2005-2006, que foi retransmitida a través de videoconferencia e da páxina web do Centro Multimedia de Galicia.

A mesa redonda tratou sobre a situación na que se atopa o audiovisual e o multimedia nestes intres en Galicia e contou coa presenza de Manuel José Fernández Iglesias, director xeral de Comunicación Audiovisual como moderador da mesa.

A mesa redonda comenzou coa intervención de Beatriz Legerén, socia- fundadora de Interacción Comunicación Interactiva Multimedia, quen fixo fincapé en que tipo de empresas se demandan e como se atopa o multimedia en Galicia.

Por outro lado, o especialista 'freelance' no deseño de materiais multimedia Santiago Pruther aportou a súa visión e relatou a súa experiencia na maneira de captar clientes. Ao seu xuizo, os factores que xogan a baza máis importante son a craetividade e a capacidade de traballo.

Por último, Enrique Gómez ofreceu información sobre as axudas e subvencións ás que se poden acoller tanto os emprendedores como as empresas pertencentes ó sector audiovisual e multimedia.