SANTIAGO DE COMPOSTELA 17 Feb. (EUROPA PRESS) -
O xonalista catalán Enric Juliana, subdirector de La Vanguardia e delegado deste xornal en Madrid, presentará o vindeiro mércores na sé do Club Internacional de Prensa, en Santiago de Compostela, o seu libro 'La España de los pingüinos', un alegato contra as visións catastrofistas e 'balcánicas' do porvir español, publicado o pasado mes de xaneiro.
'La España de los Pingüinos' aborda o presente e o futuro de España para incitar á reflexión e ó debate. Para explicar o título do libro hai que remontarse ao século pasado, cando aínda existía Iugoslavia, país no que se realizou unha enquisa á población para coñecer de onde se sentía cidadán cadaquén. Unha ampla maioría identificábase coa rexión na que vivía, e os menos sentíanse yugoslavos, aos que se lles adxudicou o alcume de pingüinos.
Partindo desta base, Enric Juliana pregúntase no seu libro se no século XXI España é un páis de pingüinos ou estes son unha minoría e deben protexer o seu territorio fronte a outras especies, se España vai cara a perda das súas esencias, ou cal é o papel de Cataluña e Euskadi na sociedade española.
Enric Juliana traballou nos Servicios Informativos de Televisión Española e no diario El País, e dende 1991 forma parte da redacción de La Vanguardia, na que foi redactor xefe de información local durante os Xogos Olímpicos de Barcelona'92 e, posteriormente, corresponsal en Italia. Na actualidade exerce de subdirector delegado do diario en Madrid. Acaba de recibir o premio Ciutat de Barcelona de xornalismo na súa edición de 2005.