Teatro do Noroeste representa o venres en Vigo o monólogo "A tixola polo mango"

Actualizado: lunes, 20 febrero 2006 19:49

VIGO, 20 Feb. (EUROPA PRESS) -

Teatro do Nororoeste porá en escea este venres, a partir das 20.30 horas no Auditorio do centro Cultural Caixanova en Vigo, o monólogo "A Tixola polo Mango (Muller, non é para tanto)".

Nesta peza teatral escrita e dirixida por Lola Correa, a protagonista, interpretada pola actriz Luma Gómez, transmite sutilmente a rabia feminina, cun discurso que encerra algo doutro tempo e tamén algo da verdadeira revolución da muller.

Teatro do Noroeste é unha compañía de teatro profesional galego fundada no ano 1987. Dende entón ten producido 22 espectáculos cun total de 770 representacións en 432 cidades distintas.

En torno a 115.478 persoas levan visto os espectáculos desta compañía que pretende despertar a curiosidade do público hacia o teatro, contribuir á recuperación do patrimonio teatral galego e apostar polos novos autores contemporáneos.

As entradas para asistir á representación deste espectáculo custan catro euros e poden adquirse na web de Caixanova, na taquilla telefónica ou o mesmo día da función nas taquillas do Centro Cultural.