Un total de 45 curtametraxes optarán o martes aos premios do I Concurso 'Curtas na Rede'

Actualizado: domingo, 25 junio 2006 18:31

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 Jun. (EUROPA PRESS) -

Un total de 45 curtametraxes optarán o martes en Santiago a obter os premios do I Concurso 'Curtas na Rede', no que participaron 294 persoas coas súas pezas remitidas por Internet.

O concurso, organizado pola Secretaría Xeral de Comunicación, consistía en ralizar unha curtametraxe de xénero e técnica libre sobre as categorías de xuventude, comunicación ou promoción da lingua galega que non excedese dos cinco minutos.

Ademais, establecéronse tres subcategorías segundo a idade do autor da peza: de 15 a 22 anos; de 23 a 50 anos; e de 51 anos en adiante. Deste xeito, haberá tres premios por categoría, consistentes en 1.500 euros cada un.

Así mesmo, haberá un premio á curtametraxe máis votada por Internet, tamén de 1.500 euros, e outro á Difusión da Cultura Galega, tamén con 1.500 euros. Tamén recibirá un galardón o público, xa que se realizou un sorteo entre as 2.063 persoas que votaron as distintas curtametraxes ao longo do concurso e o gañador recibirá un agasallo valorado en 300 euros.