Un total de 58 establecementos do Casco Histórico de Santiago obtiveron o Certificado de Calidade do Servizo no Comercio

Europa Press Galicia
Actualizado: viernes, 17 marzo 2006 17:48

SANTIAGO DE COMPOSTELA 17 Mar. (EUROPA PRESS) -

Un total de 58 establecementos do Casco Histórico de Santiago, asociados a Compostela Monumental, obtiveron o Certificado de Calidade do Servizo no Comercio, un recoñecemento ó seu "bo facer" en canto ó compromiso coa mellora da atención ós seus clientes.

Así, en toda Galicia entregáronse ata 200 destas certificacións, coas que os premiados logran a norma UNE 175001-01, que distingue a mellora da calidade nos servizos ós clientes, así como a eficacia na xestión dos negocios e a imaxe que éstes proxecten.

O presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, que participou hoxe no acto de entrega dos certificados aos comercios composteláns, apuntou que os certificados supoñen un recoñecemento ó mellor comercio galego, e engadiu que a mellora da competividade no sector pasa por "unha aposta pola calidade".

A entrega destes distintivos é a fase final dun proxecto englobado dentro do 'Programa de Consolidación e Competitividade da Pequenas e Medianas Empresas (Peme)', un proxecto promovido pola Federación Galega do Comercio.

Contenido patrocinado