Touriño destaca que Cunqueiro engrandeceu a língua e a cultura de Galicia

Actualizado: martes, 28 febrero 2006 14:10

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 Feb. (EUROPA PRESS) -

El presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, destacou hoxe a traxectoria cultural do escritor e xornalista Álvaro Cunqueiro de quen dixo que engrandeceu a língua e a cultura de Galicia, durante a ofrenda realizada hoxe en Mondoñedo -localidade natal do narrador- con motivo do vintecinco aniversario do seu pasamento.

Touriño eloxiou a capacidade do autor desaparecido para "construir países, crear personaxes, mitos e cosmoloxías literarias" e apuntou que os seus textos se acabaron convertendo "nunha especie de espello máxico do seu cerne máis inmorredeiro". Asemade, apuntou que participaba nesta homenaxe con "respecto" e "emoción" hacia a figura dun dos escritores máis sobranceiros da nosa literatura.

Neste senso, suliñou que a súa figura "non cesou de medrar" dende a súa morte e lembrou a "fonda admiración" que lle procesaban tanto en España coma en Europa. Así, apuntou que Cunqueiro é un claro exemplo de que a língua galega é unha "porta aberta" ao mundo e afirmou que os "soños" do escritor mindoniense son os da Xunta. "O soño dunha lingua galega vivida e amada por todos nós. O soño dunha cultura florecente. O soño dunha Galicia verde e alegre, xovial e cívica, amante das súas tradicións e entrañada na Europa da que sempre formará parte", concluiu.