A TVG pecha o seu novo organigrama cos nomeamentos do director e da xefa de programas

Europa Press Galicia
Actualizado: viernes, 20 enero 2006 19:07

SANTIAGO DE COMPOSTELA 20 Ene. (EUROPA PRESS) -

A Televisión de Galicia vén de pechar o seu novo equipo directivo cos nomeamentos de Eduardo Galán como director de programas e Ana Cermeño como xefa de programas, dous profesionais moi vencellados á TVG desde os seus comezos.

Eduardo Galán, que nos últimos meses ocupaba o cargo de xefe de programas da canle autonómica, foi responsable da programación cinematográfica da TVG desde 1989. O seu vencellamento ao mundo do cine levouno a dirixir e guionizar distintos espazos da TVG dedicados á sétima arte e tamén é omentarista e crítico cinematográfico en diversos xornais.

Pola súa parte, Ana Cermeño, nos últimos dez anos foi a coordinadora e directora dos programas especiais da canle autonómica. Os seus comezos foron como guionista da TVG nas series de ficción "Avenida de América" e "Pratos Combinados", entre outras, ademais de estar moi vencellada durante oito anos ao programa musical "Luar".

Contenido patrocinado