A CORUÑA 22 Mar. (EUROPA PRESS) -
O Consello de Goberno da Universidade de A Coruña aprobou hoxe a proposta de limitación de prazas para o vindeiro curso, que non presenta grandes modificacións con respecto ao do ano pasado. A novidade máis destacada é a limitación de matrículas na titulación de Relacións Laborais que se imparte no Campus de A Coruña.
Así, despois de que o ano pasado se abrise sin limitación, volverá a recuperar os numeros clausus (límite de 125) logo de que este curso se matriculasen 113 novos alumnos, constatando unha tendencia á alza no interese por realizar estes estudos, segundo informou a Universidade de A Coruña.
Mentras, Química, Filoloxía inglesa, hispánica e galega, Biblioteconomía, Enxeñería naval e a Diplomatura en Relacións Laborais non terán límite de prazas.
O Consello de Goberno aprobou tamén o calendario académico para o vindeiro curso. As clases comezarán o 2 de outubro e finalizarán o 8 de xuño. Primeiro cuadrimestre desenvolverase do 2 de outubro ao 26 de xaneiro; e segundo cuadrimestre do 21 de febreiro ao 8 de xuño.
Os exames do primeiro cuadrimestre serán do 30 de xaneiro ao 17 de febreiro; os do segundo, do 11 de xuño ao 30 de xuño; e os de setembro, do 1 ao 18 de setembro.
MODULO JEAN MONNET
Asemade, levouse ao Consello a proposta dun novo módulo europeo Jean Monnet que se traduce na impartición da materia 'Xestión Estratéxica para a Calidade e a Innovación', polo profesor Antonio García Lorenzo na Escola Politécnica Superior, a Escola Universitaria Politécnica, a Escola Universitaria de Deseño Industrial e a Escola Universitaria de Relacións Laborais, todas elas do Campus de Ferrol.
Esta asignatura optativa positiva figurará no expediente académico dos estudantes que a cursen coa calificación obtida e, aínda que non contabilizará a efectos de media académica nin de recoñemento de créditos, supón un "plus" de excelencia no currículum académico do alumno.
Por outro lado, a Universidade de A Coruña creará 15 prazas de profesorado en formación segundo a normativa aprobada na sesión de hoxe, pola que se regula a asignación destas prazas de axudante en condicións de concorrencia competitiva e cuxo prazo de presentación de solicitudes remata o 21 de abril. Estas prazas de profesorado están vinculadas a necesidades docentes e á calidade investigadora.
A sesión do Consello de Goberno aprobou así mesmo outros temas como os regulamentos internos da Escola Politécnica Superior, da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos, e dos departamentos de Matemáticas, Química Analítica e Educación Física e Deportiva.