A Universidade de A Coruña inaugura mañá un curso sobre a planificación estratéxica nas titulacións

Actualizado: martes, 14 marzo 2006 19:35

A CORUÑA, 14 Mar. (EUROPA PRESS) -

O reitor da Universidade de A Coruña, José María Barja, inaugurará mañá mércores, día 15, o curso 'Planificación estratéxica nas titulacións', dirixido a decanos ou directores de centros da institución e a profesores responsables de calidade e converxencia. O seminario, organizado pola Unidade Técnica de Calidade, terá unha duración de dous días e se desenvolverá no Pazo de Lóngora, en Oleiros.

Na xornada inaugural estarán presentes tamén o director xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia, José Ramón Leis; o vicerreitor de Calidade e Harmonización Europea, Manuel Peralbo; e o director da Unidade Técnica de Calidade, Miguel Muñoz.

Segundo informou o reitorado, a finalidade do curso é dar a coñecer as vantaxes e as implicacións da planificación estratéxica e da dirección por obxectivos, así como o sistema de calidade ISO 9001:2000 nas titulacións.

Ademais, preténdese que os responsables de calidade dos centros da universidade aprendan a utilizar a metodoloxía e os conceptos relacionados con este ámbito en todos os niveis de uso, de xeito que dispoñan dos suficientes coñecementos para elaborar os planos de mellora das titulacións.