A Universidade da Coruña debatirá mañá o calendario académico do vindeiro curso

Actualizado: martes, 21 marzo 2006 18:02

A CORUÑA, 21 Mar. (EUROPA PRESS) -

O Consello de Goberno da Universidade da Coruña celebrará mañá mércores unha reunión na reitoría na que tratará, entre outros temas, o calendario académico do vindeiro curso 2006/07 e a limitación de prazas.

Tamén analizará os regulamentos internos da Escola Politécnica Superior, da Escola Técnica Superior. de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos e dos departamentos de Matemáticas, Química Analítica, Educación Física e Deportiva.

Na orde do día da reunión do Consello de Goberno da Universidade de A Coruña, que comenzará ás 9.30 horas, figura tamén a creación dun novo módulo Jean Monnet.