A USC e o Centro de Transfusión de Galicia promoven unha nova campaña de doazón de sangue con SMS entre os estudantes

Os alumnos suscritos ao servio de mensaxería SMS da USC recibirán nos próximos días unha mensaxe na que se lle informa da iniciativa

Europa Press Galicia
Actualizado: lunes, 6 marzo 2006 15:58

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 6 Mar. (EUROPA PRESS) -

Alumnos das Facultades de Química, Medicina e Odontoloxía, así como das Escolas de Enfermería, Traballo Social e Formación do Profesorado recibirán estes días nos seus móbiles unha mensaxe na que se lles convida a participar na campaña de doazón de sangue que o Centro de Transfusión de Galicia (CTG) desenvolve en distintos puntos do Campus de Santiago xunto coa universidade compostelana.

'A USC e o CTG informa: Comparte Saúde. Martes 7 de marzo. Unidade doazón na Sala de Xuntas. De 10.00 ás 14.30 horas e de 15.30 ás 21.00 horas. Doa sangue' será o texto que os alumnos de Química suscritos ao servizo de mensaxería SMS da USC recibirán nos seus móbiles.

Esta iniciativa proseguirá cun segundo envío a alumnos doutros centros, xa que a campaña de doazón continuará o mércores 8 e o xoves 9 na unidade móbil instalada diante da porta principal da Facultade de Medicina, de 9.30 a 14.30 e de 15.30 a 21.00 horas, para os estudantes de Medicina e Odontoloxía, Traballo Social, Enfermaría e Formación do Profesorado.

Esta iniciativa xa alcanzou no pasado curso académico destacados resultados de convocatoria, xa coa súa posta en marcha o ano pasado conseguiuse que a taxa de doazón no Campus de Compostela se incrementara nun 9%, correxindo a tendencia decrecente de anos anteriores, segundo indicou a organización. Fronte ás 1.985 hemodoazóns do curso 2003-2004, o pasado rexistráronse 2.153.

SMS

Esta iniciativa está enmarcada no conxunto de actividades previstas no convenio asinado entre a USC, Vodafone e Ayco para o fomento de servizos de comunicación de información á comunidade universitaria a través da telefonía móbil.

A difusión de información de interese para os membros da comunidade universitaria a través de mensaxería SMS é unha iniciativa de carácter pioneiro nos ámbitos galegos e estatal, que acadou unha grande acollida no seo da comunidade estudantil, xa que o 70 por cento dos estudantes matriculados na USC se acolleron ao sistema.

Aínda que a información máis importante comunicada por esta vía aos estudantes é a referida ás cualificacións, o sistema abre as portas tamén ao envío de información académica, de servizos, ou de carácter social como a enviada estes días para a captación de doantes de sangue.

Contenido patrocinado