A USC entregou aos universitarios uns 3.200 ordenadores portátiles a través do programa Uniporta

Actualizado: miércoles, 8 febrero 2006 19:35

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 8 Feb. (EUROPA PRESS) -

A Universidade de Santiago (USC) entregou uns 3.200 portátiles aos universitarios no marco do programa Uniporta e ocupa o primeiro posto, atendendo ao número de unidades entregados, de entre todas as universidades do Estado que desenvolven programas específicos que faciliten a adquisición de ordenadores con conectividade sen fíos aos membros das súas respectivas comunidades universitarias.

Na última campaña do programa Uniporta, desenvolvida entre outubro e decembro de 2005, a USC xestionou a entrega de 1.178 portátiles, seguida polas universidades de A Coruña e Vigo con 632 e 582 ordenadores entregados respectivamente. Seguindo ás institucións galegas, se sitúan as universidades de Salamanca, con 452 portátiles; Oberta de Cataluña, con 425; Complutense de Madrid, con 382; ou a Politécnica de Cataluña, con 251.

Ata o de agora, a institución docente compostelá desenvolveu un total de catro campañas do programa Uniporta, entre o mes de maio de 2004 e decembro de 2005, a través das que se entregaron máis de 3.200 portátiles de última tecnoloxía. No conxunto autonómico e neste mesmo período, a Universidade de A Coruña xestionou a entrega de 1.867 equipos, mentres que a de Vigo sitúase nos 1.678.

Na última campaña deste programa que facilita aos universitarios a adquisición de portátiles con conectividade sen fíos a prezos máis baixos, a USC aportou un desconto de 50 euros aos que se lle sumaban os 150 achegados pola Xunta.

O programa continuará cunha nova campaña a desenvolver previsiblemente no transcurso do segundo cuadrimestre deste curso. A iniciativa forma parte das accións do Plan Estratéxico para as Tecnoloxías da Información e das Comunicacións da USC (PETIC 2004-2006) e permite corrixir a "importante proporción" de universitarios que non dispoñen dun equipo informático propio e que, segundo unha estatística elaborada pola USC entre os seus matriculados, ascende ao 42,4% dos estudantes consultados.