O xornalista navarro Manuel Martorell disertará hoxe en Santiago sobre o pluralismo en Oriente Medio

Actualizado: miércoles, 15 febrero 2006 10:36

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15 Feb. (EUROPA PRESS) -

O xornalista navarro Manuel Martorell estará hoxe no Club Internacional de Prensa, en Santiago de Compostela, para falar sobre a "Diversidade e o Pluralismo en Oriente Medio", nunha conferencia na que se centrará na situación kurda, o pobo sen estado maior do mundo, con máis de 30 millóns de persoas divididos polas fronteiras de Irán, Irak, Turquía e Siria.

Na conferencia estará presente Irfan Güler, avogado kurdo residente en Santiago, que ten levado a cabo distintos proxectos de cooperación entre o concello compostelán e distintas cidades kurdas. A fins de marzo, celebrarase en Santiago unha Semana Cultural Kurda.

Manuel Martorell foi enviado especial a Turquía, Irán, Irak, Siria, Líbano e Chipre en numerosas ocasións. Tamén colaborou e foi analista en temas de Oriente Medio en 'El Mundo', na revista 'La Aventura de la Historia', no Real Instituto Elcano de Estudos Internacionais e Estratéxicos --entidade patrocinada polos Ministerios de Asuntos Exteriores e Defensa, o IGADI e o Centro de Investigación para a Paz--.

Tamén fixo varios traballos de direción, guión e realización de reportaxes videográficas sobre a situación do pobo kurdo trala Guerra do Golfo do 1991, para distintas cadeas de televisión tanto estatais como autonómicas.