A Xunta concede 7'4 millóns de euros para realizar obras en entidades locais de 132 concellos galegos

Actualizado: miércoles, 19 julio 2006 19:30

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19 Jul. (EUROPA PRESS) -

A Xunta concedeu axudas económicas por un total de 7'4 millóns de euros a 132 concellos galegos co obxectivo de subvencionar a realización de obras de construcción, eliminación de barreiras arquitectónicas, mellora e equipamento das sedes das entidades locais de Galicia.

Nun comunicado, a Xunta subliñou que na provincia de A Coruña serán 41 concellos os que se beneficiarán de case 3 millóns de euros. Pola súa banda a provincia de Lugo recibirá 1,6 millóns de euros a repartir entre 33 municipios. O orzamento destinado á provincia de Ourense é de 1'4 millóns de euros para 36 concellos e Pontevedra levará a mesma cantidade a repartir entre 22 municipios.

Para a avaliación das solicitudes presentadas ponderáronse aspectos coma o esforzo fiscal do concello, as actuacións destinadas a lograr a eliminación de barreiras arquitectónicas e a mellora das condicións de seguridade e hixiene, entre outras.