SANTIAGO DE COMPOSTELA 13 Mar. (EUROPA PRESS) -
O director xeral de Función Pública da Consellería de Presidencia, José Rodríguez, asegurou hoxe que a Xunta "non considera ilegal" presentar un test só en galego nun exame de oposicións e tampouco cre que con este proceso "se estea a vulnerar ningún dereito fundamental".
Así o apuntou o director xeral en resposta a una pregunta do deputado do PPdeG Antonio Rodríguez Miranda, quen se mostrou de acordo "con que calquer persoa que aspire a traballar na Administración autonómica debe coñecer o galego", pero engadíu que isto non significa que vexa recortado o seu dereito de realizar a proba en castelán.
Ademais, o parlamentario popular lembrou que a Xunta dictou una instrucción para as ordes de convocatoria das oposicións que presentaba o test só en galego, conforme á cal quen desexase unha proba en castelán a podería obter.
Neste senso, José Rodríguez indicou que "non é excesivo" pedir que se entenda un texto en galego a alquén que xa tivo que acreditar o coñecemento deste idioma nos requisitos previos á presentación da documentación para a oposición.
Asemade, o director xeral aclarou que a instrucción "non modifica as bases" da convocatoria, que segue a considerar "legal e lexítima", porque entende que un funcionario público ten que "demostrar determinados coñecementos" para acadar o beneficio da súa praza.
Tamén matizou que se dictou por "prudencia e cautela" e para evitar que unha hipotética interpretación do proceso de oposicións fixese que a convocatoria chegase aos tribunais e puidese haber perxuizos dentro de varios anos para os seleccionados.
Non obstante, José Rodríguez afirmou que todos os recursos de reposición foron rexeitados, xa que insistíu en que o Goberno galego considera que este proceso "é legal e lexítimo" cun test unicamente en galego.
Así, referiuse á Lei de Normalización Lingüística de Galicia, que sinala que a lingua propia deste comunidade é a que se debe empregar nos documentos da Administración autonómica e a primeira opción para atender aos administrados. "Por encima do dereito dos opositores a ser examinados exclusivamente en castelán, está o dereito dos galegos de ser atendidos na lingua da súa elección", razonou.
PONENCIA LEY DE DEREITO CIVIL
Por otra banda, a Comisión Institucional designou hoxe aos integrantes da ponencia encargada de elaborar o Proxecto de Lei de Dereito Civil de Galicia, que se constituirá o vindeiro 28 de marzo. A este proxecto presentáronse 111 enmedas.
Xesús Palmou será o representante titular por parte do PPdeG e Manuel Ruiz Rivas o suplente; Pablo López Vidal será o titular polo PSdeG e Beatriz Sestayo a suplente; mentres que, polo BNG, Iago Tabarés actuará como titular e Pablo González Mariñas como suplente.