A Xunta estuda as liñas de traballo do Proxecto Toponimia de Galicia a afrontar en 2006 con más de 315.000 de orzamento

Europa Press Galicia
Actualizado: lunes, 23 enero 2006 19:14

SANTIAGO DE COMPOSTELA 23 Ene. (EUROPA PRESS) -

A Comisión de Toponimia da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza reuniuse hoxe en Santiago para estudar a situación actual do Proxecto Toponimia de Galicia e planificar o traballo a desenvolver co orzamento previsto para este ano 2006, cifrado en 315.226 euros.

Á reunión, convocada por a Secretaría Xeral de Política Lingüística, asistiron representantes das consellerías involucradas nesta iniciativa, que recibiron información sobre os obxectivos dos Proxecto Toponimia de Galicia para os vindeiros anos.

O desenvolvemento do proxecto inclúe unha fase de traballo en campo, outra de depuración de datos por parte da Comisión de Toponimia e, por último, una de dixitalización. Segundo afirmou hoxe o xefe de Sección de Tradución da Secretaría Xeral da Consellería de Presidencia, Xermán García Cancela, "nestes momentos hai un 24% de territorio sobre o que xa se fixo primeira fase, así que o obxectivo é continuar coas dúas seguintes fases, é dicir, facer traballo de gabinete e comezar as labores no 76% de territorio restante".

Durante a reunión analizouse o orzamento previsto para este ano, cifrado en 315.226 euros, que van a aportar entre todas as consellerías. Ademais estableceuse fixar unha nova reunión dentro de quince días na que cada consellería, unha vez estudados os obxectivos do proxecto presentados hoxe, faga unha proposta económica, que despois será debatida pola Comisión de Toponimia para acordar as cantidades exactas que aportará cada unha.

A xuntanza permitiu valorar cambios na forma de financiamento que poderían aplicarse nos vindeiros anos da lexislatura, desde 2007 e ata 2009. Segundo o xefe da Sección de Tradución, estudouse "a posibilidade de que nos seguintes exercicios en vez de seguir con este método de financiamento no que cada consellería pon unha cantidade, se como se entende este é un proxecto de Goberno, se valore a posibilidade de incluír directamente nos orzamentos da Secretaría Xeral de Política Lingüística unha cantidade para cubrir os gastos do proxecto".

PROXECTO INICIADO EN 2003

O Proxecto Toponimia de Galicia naceu en 2003 por iniciativa da Comisión de Toponimia, actualmente depende da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, có fin de recoller e catalogar toda a toponimia viva para preservala en canto patrimonio e legado cultural.

Ademais, este proxecto quere ser unha ferramenta útil para coñecer o territorio por parte dos organismos, empresas e particulares que xestionan o territorio ou ofrecen información sobre el (centros cartográficos, catastro, concellos, departamentos de política territorial, agraria, ambiental, editoras...) aos que quere ofrecer unha toponimia normalizada, establecida con rigor científico.

Contenido patrocinado