Feijóo aparta a Luis Carrera da candidatura por non estar ao corrente no pagamento de impostos

Actualizado: viernes, 6 febrero 2009 19:12


SANTIAGO DE COMPOSTELA, 6 Feb. (EUROPA PRESS) -

O presidente do PPdeG e candidato á Presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, apartou ao 'número un' por Ourense da candidatura do partido tras decatarse de que non estaba ao corrente no pagamento de impostos con Facenda.

En rolda de prensa, o líder 'popular' xustificou esta decisión pola súa vontade de que non se identifique o partido con este tipo de actitudes.

Así mesmo, informou de que xa transmitiu a decisión á Xunta Electoral Central, de maneira que o cabeza de lista por esta provincia pasará a ser a ata agora 'número dous', a concelleira do PP en Verín Maria del Carmen Pardo.