Unha folla de cálculo do Inega permite aos galegos saber cánto incrementará o seu recibo da luz

Actualizado: viernes, 20 junio 2008 16:36

Industria e consumidores reiteran que a suba "é esaxerada" e chegará ao 16% este ano para a maioría de cidadáns

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 20 Jun. (EUROPA PRESS) -

Unha folla de cálculo na web do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) permitirá dende esta tarde aos consumidores desta comunidade saber con exactitude en canto se incrementará o seu recibo da luz se se manteñen os aumentos previstos polo Goberno.

Así o anunciou o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, tras reunirse con asociacións de consumidores e afectados pola supresión da tarifa nocturna, quen recordou que esta medida "era unha obriga e un compromiso adquirido cos consumidores".

Blanco trasladou a estes colectivos "as alegacións" que o seu departamento trasladará o luns ao Consello Consultivo da Electricidade, pois considera "esaxeradas" as subas previstas a partir do próximo 1 de xullo.

Así, indicou que os cambios derivados da supresión da tarifa nocturna e o seu paso a outra de discriminación horaria "supón que nalgún caso nas horas puntas haxa incrementos de máis do 30 por cento e nas val superiores ao 11 por cento".

"Non nos parece razoable e pediremos que o mantemento da tarifa nocturna ata que entre o vigor o 1 de xaneiro de 2009 a desaparición de todas, salvo a de único recurso, que é a que tiñamos que estar a debater," apuntou.

INCREMENTOS DO 16% ESTE ANO.

Ademais, Fernando Blanco e os consumidores coincidiron en que os incrementos para os tramos de cidadáns que teñen unha potencia de entre 2,5 e 10 quilovatios, que é a maioritaria, verán aumentado o seu recibo "máis dun 13 por cento" que, sumado á suba de xaneiro, chegará "ao 16 por cento".

O conselleiro tamén denunciou que non se explica "con claridade de onde sae o déficit tarifario" que se quere compensar e que, ademais, non se cobre, na súa totalidade, polo que estaría permitido un novo incremento no último trimestre do presente exercicio. era unha obriga e un compromiso adquirido cos consumidores.

Pola súa banda, Miguel López, presidente do consello Galego de Consumidores e Usuarios, coincidiu co titular de Industria de que é posible que hai novas subidas en outubro, co que o incremento ao longo do ano "podería quintuplicar ao do IPC".

Así mesmo, criticou que os usuarios da tarifa nocturna son os que terán que asumir a maior parte do custo que se esconde nesta suba" e reiterou que "a chamada tarifa social -ata os 3 quilovatios de potencia- non convence a ninguén", xa que "debe cinguirse a capacidade económica e non contratación de potencia".