Falece un bombeiro en Vigo tras derrubarse unha parede mentres inspeccionaba o estado dunha vivenda

Publicado: sábado, 25 mayo 2024 13:10

   VIGO, 25 May. (EUROPA PRESS) -

   Un bombeiro perdeu a vida tras derrubarse unha parede mentres inspeccionaba o estado dunha vivenda no número 127 da avenida de Beiramar, en Vigo.

    Segundo informou o 112, foi minutos antes das 11,30 horas deste sábado cando un particular, que se atopaba co bombeiro e a Policía Local, deu a voz de alarma.

    Así, indicou que estaban a revisar un tellado cando unha parede do inmoble cedeu e caeu encima do bombeiro.

    Até o lugar acudiron Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e a Policía Nacional. Unha vez no punto, os sanitarios só puideron certificar o falecemento do bombeiro.

Contador