Feijóo advirte de que "todos os altos cargos" están "sometidos ao que digan os xuíces"

Actualizado: miércoles, 20 septiembre 2017 14:22

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 20 Sep. (EUROPA PRESS) -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, advertiu de que "todos os altos cargos" están "sometidos ao que digan os xuíces" e ao que "propoñan os fiscais", despois das detencións deste mércores en Cataluña.

A preguntas dos xornalistas antes dun acto en Santiago, Feijóo pediu "tranquilidade" ante o desafío secesionista e a proximidade do 1 de outubro, e opinou que son "decisións ilegais" as que "contribúen a caldear os ánimos".

Tamén chamou a "non sacar de contexto" os feitos e avisou de que "pésimo servizo" fará calquera gobernante se usa aos cidadáns "como reféns" no actual contexto.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)