Pilar Cancela valora a "enorme participación" nas primarias do PSdeG

La presidenta de la gestora del PSdeG, Pilar Cancela
EUROPA PRESS
Europa Press Galicia
Actualizado: sábado, 14 mayo 2016 15:07

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 14 May. (EUROPA PRESS) -

   A presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, puxo en valor este sábado a "enorme participación" da militancia socialista no proceso de primarias, pois preto do 60 por cento dos afiliados avalaron algún dos tres precandidatos, ao tempo que resaltou que isto demostra que o seu partido está "tremendamente vivo e enchufado para o cambio".

   Diso informou o PSdeG a través dun comunicado, no que agradeceu tamén o paso dado por José Luis Méndez Romeu, Xoaquín Fernández Leiceaga e Gonzalo Caballero, se ben este último non logrou solicitar o número mínimo de sinaturas para concorrer. "Demostran o seu compromiso nun momento no que os socialistas estamos chamados a protagonizar o cambio", resaltou.

   Tras participar en Madrid no Comité Federal do PSOE no que aprobaron definitivamente as listas, concretou que en Lugo e Pontevedra se manteñen exactamente igual que as presentadas o pasado 20 de decembro mentres que en A Coruña e Ourense se fixeron pequenas modificacións.

   En concreto, a coruñesa Obdulia Taboadela, que ocupaba o número cinco por A Coruña, renunciou por "motivos persoais", de modo que o seu lugar o ocupa a primeira suplente da lista, Verónica Gómez Puentes. No caso de Ourense, malia a vontade da exsecretaria de Estado Laura Seara de concorrer ao Congreso, os cambios cínguense á candidatura ao Senado. Así, desaparece a número dous ao Senado, Teresa Taboada, actualmente investigada pola Xustiza, e substitúea a segunda suplente, Yolanda Cid; e o número tres, Enrique Barreiro, é relevado por Manuel Fernández Vázquez.

Contenido patrocinado