SANTIAGO DE COMPOSTELA 25 Dic. (EUROPA PRESS) -
O Partido Popular de Galicia lamenta "profundamente" o ataque perpetrado esta madrugada contra a sede do PSdeG na localidade coruñesa de Teo, a causa dun artefacto explosivo, e traslada "o seu apoio e solidariedade" aos militantes deste partido.
Así, agradecen que non haxa que lamentar ningunha desgracia persoal" que as consecuencias non transcendesen "máis alá do ámbito material", para facer fincapé en que actos deste tipo "non teñen cabida" nunha sociedade civilizada e avanzada".
Os populares ven "inadmisible" que, "por discrepancia ideolóxica ou polo motivo que sexa", un ou varios individuos "poñan en risco" a vida das persoas e ataquen a propiedade dunha institución, polo que confían en que as Forzas de Seguridade do Estado dean "co responsable ou responsables" e "todo o peso da Lei recaia sobre eles".